Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Turismo
Voltar
NACE UNHA APLICACIÓN TURÍSTICA PARA BUEU DENDE O IES JOHÁN CARBALLEIRA
[Turismo]
[Do Venres, 19 de Xaneiro do 2018 ao Venres, 19 de Xaneiro do 2018]
Presentación da aplicación turística de Entre rúas na biblioteca do IES Johán Carballeira
Presentación da aplicación turística de Entre rúas na biblioteca do IES Johán Carballeira
O Concello de Bueu apoiou dende o seu inicio este proxecto interdisciplinar que naceu o pasado ano e que implica a varios cursos e materias
O Concello de Bueu recibiu este venres de mans do IES Johán Carballeira a aplicación turística para a vila que foi elaborada polo alumnado do centro no marco do proxecto interdisciplinar Entre rúas que se levou a cabo durante todo o pasado ano. Esta entrega simbólica tivo lugar nun acto que se celebrou na biblioteca do instituto, e no que estiveron presentes as concelleiras de turismo e educación, Silvia Carballo e Teresa López, a directora do centro, Asun Soñora, a inspectora de educación, Adoración de la Fuente, e as profesoras Carmen Miñambres, Luísa Conde, e Noelia Lamosa, ademais dalgúns alumnos e alumnas.
A aplicación “naceu da curiosidade polo que significan os nomes das nosas rúas”, en palabras da vice directora do centro, quen destacou que a ferramenta foi elaborada pola empresa Cleventy cos datos achegados polo alumnado e o profesorado implicado. Neste mesmo senso falou a directora, quen se dirixiu ao rapaces e rapazas para lembrarlles que “nos parece importantísimo que coñezades onde vivides”.
A aplicación recolle dúas rutas, unha biográfica e outra matemática, coas que as persoas deberán ir paseando pola vila para resolver as cuestións plantexadas e conseguir puntos, nunha especie de busca do tesouro, segundo os impulsores deste proxecto.
A partir de agora, as incógnitas como quen era Matilde Bares e que relación tiña con Ramón Bares, ou que significa a palabra Kayrel quedarán resoltas e permitirán á cidadanía e aos turistas indagar na historia e no coñecemento do pasado e presente de Bueu. Por iso, a concelleira de turismo, Silvia Carballo, agradeceu enormemente o traballo de todo o alumnado e profesorado implicado, do que recolleu un diploma no que se simbolizaba esta aplicación. No acto, a edil avanzou que “é case seguro que a teremos funcionando en Semana Santa, xa que é unha época con moito turismo e idónea para presentala en sociedade”.
Presentación da aplicación turística de Entre rúas na biblioteca do IES Johán Carballeira
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029