Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Cultura
Voltar
A BIBLIOTECA DE BUEU PERMANERÁ PECHADA A PARTIR DO LUNS POR MELLORAS TÉCNICAS
[Cultura]
[Do Xoves, 25 de Xaneiro do 2018 ao Xoves, 25 de Xaneiro do 2018]
Vista dunha exposición na Biblioteca Municipal Torrente Ballester
Vista dunha exposición na Biblioteca Municipal Torrente Ballester
As actuacións que se realizarán neste espazo van encamiñadas á integración no Catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia // Habilitarase o horario de luns a venres, de 16 a 17.30 horas, só para préstamo e devolución de libros
A Biblioteca Municipal Torrente Ballester de Bueu permanecerá pechada dende o luns e ata novo aviso co fin de levar a cabo os traballos técnicos que permitirán a integración no Catálogo Colectivo da Rede de Bibliotecas de Galicia. Así o salientou o concelleiro de cultura, Xosé Leal, quen aclara que, con todo, de luns a venres, se facilitará o horario de 16.00 a 17.30 horas para o préstamo e devolución de libros.
Esta actuación enmárcase no convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), que suporá un novo sistema integrado de xestión bibliotecaria, un software libre de código aberto, e un contorno único tanto para o persoal das bibliotecas como para a consulta dos catálogos das bibliotecas de Galicia por calquera usuario ou usuaria. Así, as medidas concretas son a creación dun catálogo colectivo e dun carné único de lector válido para todas as bibliotecas públicas da rede. A adhesión ao devandito convenio foi aprobada na Xunta de Goberno Local do 2 de outubro do pasado ano, e agora faranse todas as xestións técnicas para substituír o programa Meiga polo Sistema Integrado de Xestión Bibliotecaria.
Dende o Concello solicítase paciencia por parte dos usuarios e usuarias deste espazo e infórmase que para calquera consulta poden chamar ao teléfono da biblioteca (986323140).

Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029