Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU ABRE O PRAZO PARA PARTICIPAR NOS DESFILES DO ENTROIDO
[Cultura]
[Do Martes, 30 de Xaneiro do 2018 ao Martes, 06 de Febreiro do 2018]
O prazo de inscrición está aberto ata o 6 de febreiro // Por primeira vez as agrupacións de máis de 15 compoñentes recibirán unha cantidade fixa por participar
O Concello de Bueu abre o prazo para participar nos premios de Entroido, cuxa solicitude de inscrición se deberá entregar no Rexistro Xeral do Concello antes do 6 de febreiro. Os premios repartirán 6000 euros entre todas as categorías participantes tanto no Enterriño da Sardiña, que se celebrará o 14 de febreiro ás 17.00 horas, como no Enterro do Paxaro de Mal Agoiro, que terá lugar o 18 de febreiro a partir da mesma hora.
Hai que salientar que este ano por primeira vez, as agrupacións de máis de quince compoñentes recibirán unha cantidade fixa por participar. Concretamente, destinaranse 350 euros ás comparsas de Bueu que formen parte dos actos programados ao longo de todo o Entroido, 150 euros para as agrupacións de Bueu que participen no desfile do Enterriño da Sardiña e teñan máis de quince compoñentes, e 120 euros para aquelas que participen no Enterro do Paxaro de Mal Agoiro e estean compostas por máis de quince persoas.
A maiores, estableceranse os seguintes premios para os participantes no Enterro do Paxaro de Mal Agoiro: premios ás comparsas de Bueu (100 euros para o 1º e 50 euros para o 2º), premios ás agrupacións de máis de 15 compoñentes (1º dotado con 250 euros, o 2º con 175 euros, e o 3º con 100 euros), premios ás agrupacións de entre tres e quince compoñentes (100 euros o 1º premio, e 80 euros o 2º), premios ás parellas (100 euros o 1º premio, e 80 euros o 2º), e premios individuais ( 80 euros o 1º e 50 euros o 2º).
As bases tamén especifican que, no caso de mal tempo, a decisión de saír ou non saír os desfiles tomarase por parte da Comisión de Entroido, que está composta por unha representante do Concello e de colectivos do Entroido que asistiron ás reunións do citado órgano.

No arquivo de abaixo podedes consultar as bases completas, publicadas este martes, 30 de xaneiro, no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029