Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE 3 ANOS
[Benestar Social]
[Do Mércores, 31 de Xaneiro do 2018 ao Mércores, 21 de Marzo do 2018]
O prazo de presentación de solicitudes é ata o 21 de marzo de 2018
Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos

NORMATIVA
Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2018. (BS410A). (DOG nº 22 do 31/01/2018).

Requisitos:
Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia.
Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.
Que durante o ano 2016, nin as persoas solicitantes nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.
Que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Contía da axuda:
A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

Prazo de presentación:
35 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Desde o 1 de febreiro  ata o 21 de marzo de 2018, ámbolos dous incluídos.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029