Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU E A ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTORES REPARTIRÁN MAÑÁ AS TRAMPAS PARA A VELUTINA
[Medio Ambiente]
[Do Venres, 02 de Febreiro do 2018 ao Venres, 02 de Febreiro do 2018]
Cartel charla vespa velutina Centro Social do Mar
Cartel charla vespa velutina Centro Social do Mar
O acto central terá lugar este sábado, 3 de febreiro, ás 20.30 horas no Centro Social do Mar
O Concello de Bueu e a Asociación Galega de Apicultores convocan este sábado a toda a veciñanza que se presentou voluntaria para colocar trampas profesionais co fin de atallar a problemática da vespa velutina que mes a mes se acrecenta. O encontro será ás 20.30 horas no Centro Social do Mar e está previsto que nel participen arredor de sesenta persoas, que se foron inscribindo voluntarias ao longo das charlas celebradas nos diversos lugares da vila durante todo o mes de xaneiro. Así mesmo, o concelleiro de medio ambiente, Adrián Ferrer, salienta que se poderán apuntar máis persoas que queiran ser trampeiras.
Concretamente, houbo reunións no Centro Sociocultural de Cela (20 de xaneiro, ás 17.00 horas), na Casa da Aldea de Meiro (20 de xaneiro, ás 19.30 horas), na Casa do Pobo de Beluso (26 de xaneiro, ás 20.15 horas), e na Sala Domínguez Búa (27 de xaneiro, ás 20.15 horas). Todas elas foron impartidas por José María Bello, delegado de AGA Morrazo, quen organizou un obradoiro de trampas caseiras e repartiu material didáctico.
O Concello de Bueu está apoiando a loita contra a vespa velutina e, neste sentido, adheriuse o pasado ano á Plataforma Stop Vespa Velutina, que supón o apoio a un documento de mínimos asinado por varios colectivos e concellos que esixirá a asunción de competencias por parte da Consellería de Medio Ambiente – no ámbito de Galicia- e máis do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente – no ámbito estatal- para impulsar a investigación, fomentar a loita preventiva, solicitar a creación dun organismo único e implementar a labor de divulgación social neste eido.

Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029