Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
A XUNTA DE GOBERNO DE BUEU APROBOU DIVERSAS OBRAS E CONTRATACIÓNS
[Xeral]
[Do Luns, 05 de Febreiro do 2018 ao Luns, 05 de Febreiro do 2018]
Foto da Xunta de Goberno Local
Foto da Xunta de Goberno Local
A Xunta de Goberno Local de Bueu aprobou este luns a adxudicación do contrato da obra de acondicionamento da Praza Massó á empresa Rocas Graníticas del Condado S.L. Esta actuación, con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra, foi adxudicada por un importe de 48.375,80 €, IVE incluído, e suporá a rehabilitación deste lugar coa instalación dunha fonte de iluminación LED e un sistema de xogo. O espazo ocupado pola fonte será de aproximadamente 7,00 m x 7,40 m.
Tamén se aprobaron as propostas relativas ao requirimento previo á adxudicación de pavimentación de camiños dos lotes 1,2,3 e 4, equivalentes a Meiro - Outeiro, Costiña, Vilar, Sar, tamén con cargo ao Plan Concellos 2017. Concretamente, no primeiro requeriráselle a Marconsa, que presentou unha oferta de 72829,74 €; para o da Costiña, a Obras y Viales Cerne, cun orzamento de 36179 €; para Vilar, Construcciones EC Casas, por importe de 21610,98 €; e para o de Sar, Fontefría SLU, cunha oferta de 21805,95 €.
Así mesmo, acordouse realizar un requirimento a Dismac SL, empresa á que se lle vai adxudicar a dotación de mobiliario xeral para o servizo de actividades municipais, con cargo ao Plan Concellos 2017. En concreto, solicitaranse cadeiras de diversas características, mesas polivalentes rectangulares e pregables rectangulares, armarios con portas baixas e mobles vitrina. O proxecto tamén establece a necesidade de contar con diversos complementos e aparatos electrónicos, como dous xogos tradicionais de chave, catro xogos de petanca, catorce espellos icoloros, seis antenas de televisión, seis televisores, cinco pizarras laminadas móbiles e unha interactiva con rodas, un soporte móbil para pizarra dixital e un proxector de curta distancia.

Subvencións de contratación de persoal
No marco dos programas de emprego municipais, leváronse á Xunta de Goberno tres propostas para a solicitude das subvencións para contratación de diverso persoal, como é a adhesión ao Plan de Emprego para a conservación e funcionamento dos servizos municipais, da Deputación de Pontevedra. Con cargo a esta subvención, vanse contratar trinta traballadores, distribuídos da seguinte forma: quince peóns de limpeza, seis peóns forestais, un oficial de carpintaría, un oficial electricista, dous oficiais de xardinaría, catro auxiliares administrativos, e un monitor deportivo.
Así mesmo, con cargo ás subvencións para contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (RISGA), a cinco persoas serán contratadas por un período de sete meses como peóns de obras e servizos varios.
E por último, tamén se aprobou a solicitude de subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a contratación de trece socorristas para o Servizo de socorrismo en praias, dentro da liña de protección civil e seguridade das persoas e bens, para os tres meses da tempada estival.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029