Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
O CONCELLO DE BUEU ELIXE O GAÑADOR DO CONCURSO DE CARTEIS DE ENTROIDO 2018
[Cultura]
[Do Luns, 05 de Febreiro do 2018 ao Luns, 05 de Febreiro do 2018]
O xurado co cartel gañador, pertencente a Beatriz Sieiro Caramés
O xurado co cartel gañador, pertencente a Beatriz Sieiro Caramés
O xurado reuniuse este martes e escolleu o deseño da pontevedresa Beatriz Sieiro Caramés, que será premiada con 300 euros, ademais de ser a imaxe do Entroido deste ano na vila
O Concello de Bueu xa ten cartel para o Entroido deste ano, despois de elixir gañador o deseño da pontevedresa Beatriz Sieiro Caramés, “unha proposta comunicativa, que reflicte dúas realidades moi asociadas a Bueu, como son o Paxaro de Mal Agoiro e o cine. Así mesmo, é un deseño moi xestual e que centra moi ben o concepto de cartelismo, onde non sobra ningún elemento”.
O xurado estivo conformado polo concelleiro de urbanismo, Martín Villanueva Pastoriza, polo artista cangués Camilo Camaño Xestido e pola gañadora da pasada edición do certame, Isabel Núñez Montero, actuando como secretario Fernando Baeza Ordóñez, arquitecto municipal.
A gañadora, que foi elixida entre un total de dez carteis presentados, farase cun premio dotado con 300 euros e será a imaxe elixida para ilustrar a campaña de publicidade do Entroido de Bueu deste ano.

Cartel gañador de Beatriz Sieiro Caramés
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029