Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Colectivos e Clubes
Voltar
O CONCELLO PON EN MARCHA OS OBRADOIROS DE ENTROIDO PARA A RAPAZADA
[Cultura]
[Do Luns, 12 de Febreiro do 2018 ao Luns, 12 de Febreiro do 2018]
Obradoiros de Entroido
Obradoiros de Entroido
Os máis pequenos e pequenas terá a oportunidade de asistir este martes e mércores a unha nova edición destes talleres, que se celebran entre as 11 e as 13 horas na carpa da Praza Massó
O Concello de Bueu puxo en marcha este luns pola mañá, entre as 11 e as 13 horas, os obradoiros de Entroido para a rapazada de entre 4 e 12 anos. As diversas actividades continúan tamén estes martes e mércores na carpa sita na Praza Massó, e poderán achegarse todos os nenos e nenas que o desexen posto que a entrada é de balde.
Por outra banda, a programación destas datas trasládase mañá ao lugar de Meiro, concretamente ao recinto da Morada, onde se celebrará a tradicional Filloada, organizada pola Asociación de Veciños A Morada coa colaboración do Concello. Segundo o programa, a partir das catro da tarde comezarán a elaborarse as filloas, para abrir a degustación ao público ás seis. Como atractivo desta celebración está prevista a actuación das comparsas da vila arredor das sete e media. Concretamente as persoas asistentes escoitarán a Vou nun bou, Os Kantaclaro, As Faltriqueiras, Os do Pinsel e Os Mulos.
Así mesmo, ata o 18 deste mes pódese ver no Centro Social do Mar a exposición dos carteis que se presentaron ao Concurso de Carteis de Entroido este ano, e de entre os que resultou gañador o da pontevedresa Beatriz Sieiro Caramés.

Exposición de carteis de Entroido no Centro Social do Mar
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029