Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Novas - Cultura
Voltar
CONTINÚA A PROGRAMACIÓN DO ENTROIDO EN BUEU CON ACTIVIDADES DIVERSAS PARA TODOS OS PÚBLICOS
[Cultura]
[Do Venres, 16 de Febreiro do 2018 ao Domingo, 18 de Febreiro do 2018]
Cartel Entroido Bueu 2018
Cartel Entroido Bueu 2018
Este venres celébrase unha festa de vascalleiros para a rapazada e pola noite un Entroido Swing // Na fin de semana as rúas da vila acollerán os desfiles do Enterriño da Sardiña e do Paxaro de Mal Agoiro
Varias décadas atrás, o Entroido en Bueu non era nada se os vascalleiros non invadían as rúas pedindo chulas, filloas ou o que cada persoa puidese dar na súa casa.
Esta tradición, que se foi perdendo co paso dos anos e coa chegada cada vez máis potente dos disfraces das grandes superficies comerciais, é a que tentan recuperar este ano a A. VV. A Morada, o grupo de pandeiretas “De Cabras” e o Concello de Bueu.
Por iso, o venres 16 de febreiro, a partir das 17.00 horas terá lugar na Carpa da Praza Massó unha festa de vascalleiros que contará coa actuación musical de sete pandereteiras do grupo infantil - xuvenil, unha serie de xogos populares, … e como non, chulas e filloas. Ademais, a rapazada que vaia co disfraz de vascalleiro poderá gozar dunha “ruta” gratuíta por varios locais bueueses que colaboran co relanzamento desta tradición onde poderán consumir chulas ou filloas: Bar Pyramis, Pili Cabaleiro, Copy.es, Mercaprecio, Nene´s, Gominolas Isa e Librería Miranda.

Máis eventos para celebrar o Entroido
Ese mesmo día, a partir das 21.00 horas, a carpa da Banda do Río acollerá un Entroido Swing, con festa temática ganster e cabaret. Comezará cunha clase aberta de Lindy Hop coa asociación Swing On e a continuación, concerto de The Alley Stompers ás 22.30 horas
Este evento está organizado polo Concello de Bueu, a Deputación de Pontevedra, a Asociación de Baile Swing On, a Asociación de Jazz de Bueu e a hostalaría da Banda do Río.
Pola súa banda, o Bueu Atlético Balonmán celebra ás 21.00 horas o XXXVII Festival de Comparsas no Centro Social do Mar, que terá ademais dúas novas edicións (o 23 de febreiro na Casa do Pobo de Beluso e o 24 de febreiro de novo en Bueu).
O sábado, 17 de febreiro, a partir das 16.00 horas hai un concurso gastronómico de Entroido na carpa da Banda do Río, organizado pola Asociación veciñal. Ás 20.00 horas, nese mesmo lugar, desenvolverase un pasarrúas e actuación da Asociación de Percusionistas Aperta, que se organiza entre o Concello de Bueu e a hostalaría do barrio.
En canto aos desfiles de Entroido, o sábado 17 de febreiro, sairá o do Enterriño da Sardiña, a partir das 17.00 horas polas rúas da vila dende a Praza Massó, con entrega de premios e queima no mesmo lugar. Aínda que estaba previsto para este mércores, finalmente o Comité de Entroido tomou a decisión de adialo por mor das condicións climatolóxicas.
E o Desfile do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro terá lugar o domingo 18 de febreiro, tamén ás 17.00 horas, con queima do paxaro na carpa da Banda do Río e posterior actuación das comparsas de Bueu. E pola noite, verbena de disfraces na mesma carpa ás 21.00 horas co grupo Los tres latinos.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029