Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Colectivos y Clubes
Volver
PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS 2017
[Bienestar Social]
[Del Jueves, 16 de Marzo del 2017 al Lunes, 17 de Abril del 2017]
A Xunta convoca prazas para para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2017 // O prazo de solicitudes abrangue ata o 17 de abril de 2017
A Xunta convoca prazas para para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2017.

Persoas beneficiarias

1. Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
2. Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos/as que acudan en calidade de acompañantes.
4. Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar á normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
5. Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
6. Acadar, de conformidade co baremo, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

Duración e servizos ofertados
As quendas teñen una duración de 10 días (nove noites) cada unha, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as 12:00 h. do día de chegada ata as 12:00 h. do día de saída, e desenvolveranse entre o mes de abril e o de decembro de 2017
Servizos:
1. Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido.
2. Tratamentos termais, coas indicacións terapéuticas que figuran para cada balneario no anexo IV, que comprenderán:
Recoñecemento médico, ao ingresar no balneario, para a prescrición do tratamento.
Tratamento termal básico que, en cada caso, prescriba o persoal médico do balneario.
Seguimento médico do tratamento.
3. Programa de actividades de animación sociocultural que se leve a cabo no establecemento hoteleiro ou termal.
4. Póliza colectiva de seguro turístico.
O desprazamento desde o domicilio ata o establecemento termal así coma o de regreso será por conta das persoas beneficiarias, sen prexuízo de que se poidan acoller ás facilidades para o transporte que oferte o balneario, se for o caso.

Prazo presentación de solicitudes
Vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Ata o 17 de abril de 2017.

Lugar de presentación
Preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia,https://sede.xunta.es, para o que é preciso o DNI electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Máis información nos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Bueu.
ENLACES
Volver
El tiempo
Perfil del contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Playas
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de naturaleza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Página con Documentación sobre Bueu
Síguenos en Twitter
Síguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029