Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Colectivos y Clubes
Volver
O CONCELLO DE BUEU CELEBRA O DÍA MUNDIAL DA AUGA CON ACTIVIDADES PARA OS CENTROS DE SECUNDARIA
[Medio Ambiente]
[Del Viernes, 17 de Marzo del 2017 al Viernes, 24 de Marzo del 2017]
Día Mundial da Auga
Día Mundial da Auga
As actividades desenvolveranse o 24 de marzo e nela explicarase todo o ciclo da auga // A concesionaria do servizo municipal de augas, FCC Aqualia, organiza o 22 de marzo unha xornada de portas abertas na EDAR de Bueu
O 22 de marzo é o Día Mundial da Auga, e con motivo desta efeméride, a concellaría de medio ambiente de Bueu, organiza unha actividade para o alumnado de 4º da ESO dos centros educativos da vila, e que consiste nun roteiro da auga dende as súas orixes nunha das captacións do Concello ata completar o ciclo na EDAR de Cabalo.
A actividade celebrarase o 24 de marzo e inclúe a visita a unha das captacións de auga do Concello (Hermelo), o desprazamento ata os Muíños do Canudo, visita ó depósito de auga municipal no Castrillón, coñecemento do pozo de bombeo da praia de Beluso e visita á EDAR de Cabalo.
No percorrido explicaráselles aos/ás alumnos/as o ciclo da auga nas súas diferentes fases e a incidencia e responsabilidade da sociedade respecto deste elemento fundamental na vida do planeta. O obxectivo da actividade é o de sensibilizar, concienciar e chamar a atención sobre o emprego da auga e reflexionar sobre a utilización persoal e colectiva da mesma, tal e como destacou o concelleiro de medio ambiente, Manolo Otero.
O Concello facilitará un autobús e os alumnos/as participantes (arredor dunha trintena do IES Johán Carballeira e do IES Illa de Ons) estarán acompañados por profesores/as dos centros educativos e colaboradores da concellaría de medio ambiente, así como por persoal da empresa responsable do Servizo Municipal de Auga do Concello (Aqualia).
Os obxectivos son a explicación da captación da auga do medio natural, a función desta na economía tradicional, a potabilización previa ao subministro público, o transporte e almacenamento, a estrutura do alcantarillado, a depuración e o retorno ao medio natural.

Xornada de portas abertas na EDAR de Bueu
A concesionaria do servizo municipal de augas de Bueu, FCC Aqualia, tamén se suma á celebración do Día Mundial de Auga e organiza o mesmo 22 de marzo unha xornada de portas abertas na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Bueu.
As visitas faranse pola mañá, e todas as persoas que desexen participar deberán comunicalo ao correo bueu@aqualia.fcc.es ou comunicalo antes do martes na oficina do Servizo Municipal de Auga en horario de mañá, dado que o aforo é limitado a 20 persoas por visita. A idea é dar visibilidade a este complexo servizo público que se encarga de recoller e depurar as augas residuais para devolvelas ao medioambiente ao rexeneralas para a súa reutilización.

Volver
El tiempo
Perfil del contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Playas
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de naturaleza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Página con Documentación sobre Bueu
Síguenos en Twitter
Síguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029