Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Colectivos y Clubes
Volver
O XIV PREMIO JOHÁN CARBALLEIRA DE XORNALISMO PREMIA A MONTSE DOPICO E A MARÍA OBELLEIRO
[Cultura]
[Del Martes, 18 de Abril del 2017 al Martes, 18 de Abril del 2017]
Reunión do xurado
Reunión do xurado
O xurado, conformado por Manuel A. Mosteiro, Montse Fajardo e Antón Lopo, reuniuse na tarde deste martes
O XIV Premio Johán Carballeira de Xornalismo, promovido polo Concello de Bueu, recae este ano en dúas mulleres galegas, concretamente en Montse Dopico, coa súa reportaxe “Galaxia vs Galaxia. A construción de hexemonía cultural”, publicada na revista Luzes, e a de María Obelleiro Hermida, titulada “O apartheid sanitario na Galiza”, que saíu en Sermos. O xurado, conformado por Manuel A. Mosteiro, presidente da Asociación de Amigos de Johán Carballeira de Bueu, Montse Fajardo, xornalista e experta nas historias da memoria histórica, e Antón Lopo, gañador da pasada edición. De entre os dezanove traballos presentados, dos que se destaca a esencia do xornalismo de Johán Carballeira, o xurado decidiu premiar a estes dous, ao ser “modelos de esixencia técnica e de investigación, que son ademais complementarias en dous ámbitos fundamentais para este galardón: o xornalismo cultural e o xornalismo social”. Ademais, o xurado insiste na calidade xeral dos traballos presentados, na súa variedade temática, de estilo e de enfoque que recollen a identidade do premio.
No caso de Montse Dopico, resalta a “utilización dos diálogos entre dúas persoas que ofrecen visións distintas sobre un feito histórico”, e o traballo de María Obelleiro “dá voz ás persoas non teñen unha persoa nos medios e incidindo na diversidade coral, para a análise dun tema tan lacerante como o da discriminación da sanidade que sofren as persoas inmigrantes”.
Ambas as dúas xornalistas, serán premiadas cun premio de 750 euros cada unha e serán homenaxeados nun acto que se organizará na Semana das Letras Galegas.
No que atinxe á modalidade de poesía deste premio, o xurado vaise reunir o próximo 6 de maio ás 10.30 horas e terá que escoller un gañador ou gañadora de entre os corenta e seis poemarios presentados.

Historia do Premio Johán Carballeira de Xornalismo e Poesía
Este certame naceu coma unha homenaxe ao político, poeta e xornalista bueués, Juan Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johán Carballeira. Tras a posta en marcha da categoría de poesía, en 2002 botou a andar a de xornalismo, como unha forma de seguir dando a coñecer unha das facetas máis destacadas de Johán Carballeira, quen fora alcalde de Bueu no período republicano e foi fusilado a mans dos golpistas.
Ao longo da súa historia, téñense galardoado na categoría de xornalismo a Francisco Seoane Pérez, Eduard Rolland Etchevers, Óscar Curros Moure, Carmen Marina Vidal Valiña, Lois Pérez Leira e Mónica Lázaro Jodar, Fernando Arrizado Abuín, Óscar Iglesias Arauxo, Moncho Paz, Marta Lemos Jorge, Cristian López Iglesias, Arturo Sánchez Cidrás e Antón Lopo.
Na categoría de poesía, foron premiados Xosé Carlos Caneiro, Yolanda Castaño, Emma Pedreira, Adolfo Caamaño, Xurxo Alonso, Alexandre Nerium e Carlos Negro, Lupe Gómez, Diego Cousillas Novo, Paco Souto, Carlos Lema, Mario Regueira, Lucía Novas, Carlos Solla, Berta Dávila, Marta Dacosta, Mª Carmen Caramés Gorgal, Ismael Ramos Castelo e Pura Tejelo.
ENLACES
Volver
El tiempo
Perfil del contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Playas
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de naturaleza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Página con Documentación sobre Bueu
Síguenos en Twitter
Síguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029