Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Colectivos y Clubes
Volver
O GOBERNO BUEUÉS LAMENTA OS ÚLTIMOS DANOS OCASIONADOS NOS PANEIS DE CABO UDRA
[Turismo]
[Del Viernes, 21 de Abril del 2017 al Viernes, 21 de Abril del 2017]
Paneis rotos en Udra
Paneis rotos en Udra
Esta semana apareceron varios paneis danados na zona de Punta Escandiña, preto da praia de Lagos
O goberno local de Bueu lamenta os actos vandálicos que se produciron estes días nos paneis do sendeiro de Cabo Udra, concretamente en Punta Escandiña, preto da praia de Lagos, que demostran “a falta de escrúpulos dalgunhas persoas ante os últimos danos ocasionados”. O alcalde quixo poñer de manifesto que o Concello está levando a cabo un esforzo importante para dotar de mobiliario urbano diferentes espazos naturais do municipio, polo que o acontecido no Sendeiro Azul de Cabo Udra non é grato, e máis cando é a segunda vez no que vai de ano que se producen. Por iso, Félix Juncal declarou que “agradecemos a colaboración cidadá á hora de que se poidan denunciar feitos coma estes”.
Os paneis foron colocados no pasado mes de marzo no marco dun convenio de colaboración entre o Concello de Bueu e a Deputación cun orzamento de 11.000 euros. A actuación foi levada a cabo pola empresa Ecoplanin Xestión e Información Ambiental S.L., consistiu no deseño, fabricación e colocación de mesas interpretativas en madeira tratada en diversas zonas. Tal é o caso de Chan de Esqueiros, que na actualidade supón o punto máis común de entrada ao Sendeiro Azul, no que se destacaron os distintos valores e elementos patrimoniais que o integran, ademais dunha imaxe e descrición de cada un deles.
Outra das mesas incluíuse nun dos miradoiros naturais nos que se ofrece unha interpretación das augas protexidas circundantes a Cabo Udra e a relación íntima dos valores naturais cos do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. No conxunto do patrimonio histórico – militar situouse unha mesa interpretativa na que se salienta este patrimonio, que abrangue desde a batería costeira de artillaría alí instalada durante a Guerra Civil española, e que conforma un dos escasos lugares desta índole que se conservan na costa galega. Por último, a última das mesas ofrece a interpretación da paisaxe predominante na senda constituída por una matogueira atlántica con elementos termófilos e rica en elementos singulares de fauna, como una interesante poboación costeira de Timon lepidus e Caprimulgus europaeus.
Paneis rotos en Udra
Volver
El tiempo
Perfil del contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Playas
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de naturaleza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Página con Documentación sobre Bueu
Síguenos en Twitter
Síguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029