Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Colectivos y Clubes
Volver
BUEU ACOLLE UNHA FESTA DO CARME CON ALFOMBRAS FLORAIS E UN ESPECTÁCULO MELLORADO DE PIROTECNIA
[Cultura]
[Del Viernes, 07 de Julio del 2017 al Domingo, 16 de Julio del 2017]
Presentación Festas do Carme 2017
Presentación Festas do Carme 2017
Os festexos celebraranse do 14 ao 16 de xullo, e inclúe moita festa e a participación de diversas delegacións de alfombristas, entre elas a localidade siciliana de Noto
Bueu será escenario a vindeira semana das Festas do Carme, unha das maiores celebracións da vila e que acolle moitos actos na honra da patroa dos mariñeiros. A tan só unha semana do arranque, hoxe o salón de plenos da Casa do Concello acolleu a presentación do evento, no que estiveron presentes Félix Juncal, alcalde da vila, Carmen Santos, presidenta da Asociación Cultural das Alfombras e Darío Campos, da Asociación Bueu en Festas, ademais de diversos membros destas entidades aos que o rexedor quixo agradecer persoalmente o traballo que están levando a cabo para a realización deste evento.
O programa de festexos comezará o venres, 14 de xullo, ás 12 horas cunha tirada de fogos e pola noite a verbena estará amenizada polas orquestras Israel e Solara. Xa o sábado será o Día dos Dolores, e ás 10 da mañá está previsto un pasarrúas a cargo da Banda de Música de Vilanova de Arousa. Ás 12.30 horas será a celebración relixiosa na honra da virxe, cantada pola Coral Polifónica Acordes de Bueu e seguida de procesión. E pola noite, gran verbena coas orquestras Canela e Nebraska.
Xa ese mesmo día, pola noite as delegacións de alfombristas internacionais estarán na contorna da lonxa elaborando diversos tapices florais que terán como leitmotiv o mar. Segundo destacou Carmen Santos, “é importante este encontro xa que nos dá visibilidade a todo o que facemos en Bueu" e por iso delegacións de Noto (Sicilia), Castropol (Asturias), Cataluña, Rianxo e Cangas acompañarán aos alfombristas de Bueu nesta festa. A eles está previsto que os membros da corporación de Bueu lles faga unha recepción oficial o mesmo domingo ás 11 horas no salón de plenos.
O plan previsto é que as alfombras poidan estar culminadas no mediodía do domingo, e así dar paso aos actos do día central da festa e un dos máis agardados polos veciños e veciñas da vila morracense. A programación festiva dese día arranca ás 10 horas cun pasarrúas a cargo da Banda de Música Artística de Bueu e de Retrouso de Cela, dando paso ás 12.30 horas á misa cantada pola Coral Acordes.
Xa ás 18 horas, celebrarase a misa solemne na lonxa cantada pola Coral Marusía, e seguida de procesión e baila na honra da virxe, e procesión marítima con ofrenda floral polos mariñeiros falecidos.
Á noite, a verbena estará amenizada pola orquestra Trébol, e ás doce da noite terá lugar unha gran tirada de fogos de artificio, que terán unha duración de máis de quince minutos. Segundo destacou o alcalde, “este ano decidimos mellorar o espectáculo pirotécnico pois cremos que é un atractivo máis da festa para a cidadanía”, motivo polo cal dende o Concello se están tramitando as pertinentes autorizacións ante Portos de Galicia e a Subdelegación do Goberno para que os fogos poidan encher de cor a praia da Banda do Río coas mellores garantías.
Cartel Encontro internacional alfombristas Festa do Carme
Volver
El tiempo
Perfil del contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Playas
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de naturaleza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Página con Documentación sobre Bueu
Síguenos en Twitter
Síguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029