Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Colectivos y Clubes
Volver
ABERTA A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NAS CLASES DA AULA DE MÚSICA DO CONCELLO DE BUEU
[Cultura]
[Del Martes, 11 de Julio del 2017 al Lunes, 31 de Julio del 2017]
Cartel Aula de Música
Cartel Aula de Música
As persoas interesadas poden inscribirse antes do 31 de xullo nas modalidades de solfexo, piano, canto e música activa // As clases, que están abertas a todas as idades, desenvolveranse do 4 de setembro de 2017 ao 28 de xuño de 2018 na Casa da Música
A Aula de Música do Concello de Bueu abre as inscricións para participar nas clases do vindeiro curso, que se celebrarán entre o 4 de setembro de 2017 e o 28 de xuño do 2018 na Casa da Música Manuel Omil. En concreto, as clases impartidas serán de solfexo, piano, canto e música activa e as inscricións poden realizarse antes do 31 de xullo.
Convócanse un total de 68 prazas, e os criterios de admisión son: ter asistido ás clases da Aula de Música nas materias nas que se inscribe en anos anteriores, estar empadroado/a no Concello de Bueu, e o nivel de coñecementos musicais a valorar pola profesora da Aula. Unha vez aplicados os criterios de admisión, de haber prazas vacantes, estas asignaranse mediante sorteo público.
Toda a información e a folla de inscrición poden descargarse nos arquivos de abaixo.
ENLACES
Volver
El tiempo
Perfil del contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Playas
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de naturaleza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Página con Documentación sobre Bueu
Síguenos en Twitter
Síguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029