Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Colectivos y Clubes
Volver
O CONCELLO DE BUEU REMATA ESTA SEMANA AS OBRAS DE REXENERACIÓN DA CONTORNA DE ERMELO
[Obras y Servicios]
[Del Jueves, 13 de Julio del 2017 al Jueves, 13 de Julio del 2017]
Visita ás obras de rexeneración Ermelo
Visita ás obras de rexeneración Ermelo
A obra realizouse con cargo ao Plan de Obras e Servizos (PPOS 2016) da Deputación de Pontevedra // O alcalde anunciou esta mañá durante a visita ás obras que o Concello dotará o espazo de bancos, marquesiña e iluminación
O alcalde de Bueu, Félix Juncal, visitou hoxe as obras de rexeneración da contorna de Ermelo, acompañado polo concelleiro de obras e servizos, Fidel Castro, e polo deputado de cultura e lingua, Xosé Leal. No acto avanzouse que as obras, que se realizan con cargo ao Plan de Obras e Servizos (PPOS 2016) da Deputación de Pontevedra, estarán culminadas esta semana. Ademais, o alcalde declarou que nas vindeiras semanas o Concello dotará o espazo de bancos, marquesiña e iluminación para complementar esta actuación.
A obra, acometida pola empresa Rocas Graníticas del Condado cun custe de 77.000 €, incluíu a substitución do pavimento de asfalto por outro de mestura entre o adoquín e o enlousado de granito, co que se busca unha revalorización deste núcleo histórico tradicional e cerne do Morrazo. Neste sentido, os tendidos eléctricos tamén foron soterrados e creouse unha canalización, tamén soterrada, para a recollida de augas pluviais.
Con motivo de inaugurar esta obra, dende o Concello de Bueu estase organizando un acto especial do que se darán a coñecer detalles nos vindeiros días.

Unha aldea con moita historia
A revalorización do entorno da Igrexa de Ermelo responde tamén á recente recuperación da súa memoria. Esta antiga construción constitúe un dos vestixios que aínda se conservan do antigo mosteiro. No 1104, posiblemente despois dun ataque normando no que o templo foi destruído, foi restaurado por mediación do arcebispo compostelán Diego Xelmírez e cambiou a súa advocación a San Bieito pola de Santiago. A edificación actual é froito da nova restauración realizada en 1774 con recursos do mosteiro de San Juan de Poio, onde estaba integrada. No seu interior destaca a pía bautismal decorada cunha cruz románica no relevo. A súa estrutura é de sillería irregular e na fachada represéntase unha espadaña barroca.
Volver
El tiempo
Perfil del contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Playas
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de naturaleza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Página con Documentación sobre Bueu
Síguenos en Twitter
Síguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029