Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Colectivos y Clubes
Volver
O CONCELLO DE BUEU RECIBIU Á DEPORTISTA NATALIA CASTRO
[Deportes]
[Del Viernes, 04 de Agosto del 2017 al Viernes, 04 de Agosto del 2017]
Acto recepción Natalia Castro
Acto recepción Natalia Castro
• No acto, celebrado no salón de plenos da Casa Consistorial, fíxose entrega dun diploma e duns agasallos institucionais, cos que se deu os parabéns pola súa exitosa tempada
O salón de plenos do Concello de Bueu acolleu este venres a recepción oficial á deportista local Natalia Castro Santos, a quen o goberno local deu os parabéns pola exitosa tempada 2016/2017 no eido do Acuatlón e Triatlón. No acto estiveron presentes o alcalde da vila, Félix Juncal, ademais de Manolo Otero, concelleiro de deportes, Martín Villanueva, concelleiro de urbanismo, Inmaculada Rodríguez, edil de infancia e mocidade, e Fidel Castro, responsable de obras e servizos.
Natalia Castro Santos é unha moza nada en Bueu o 20 de agosto do 2002 e que pertence ao Club de Natación Galaico e ao Club Triatlón Motobike Galaico, cos que ten colleitado abondos éxitos deportivos. Neste senso, Manolo Otero, falou de Natalia como “unha promesa, á que é de recoñecer o seu traballo persoal”. O alcalde salientou que “é unha deportista moi importante para Bueu, que vive o deporte dende dentro”.
Baixo a categoría de cadete, na tempada 2016-2017 foi Campioa Galega do circuíto Corre e Nada, Campioa Galega de Acuatlón, Subcampioa Galega de Triatlón, acadou o 8º posto no Campionato de España de Acuatlón, así como o 7º no Campionato de España de Triatlón por relevos de comunidades autónomas. Así mesmo, no mes de marzo foi convocada pola Federación Española de Triatlón para o Encontro Nacional Iberdrola “Gestión del Talento” de Valladolid por situarse entre os oito mellores do ranking de España na súa categoría.
No Campionato Galego de Natación de Inverno acadou o 2º posto en 4 x 100 libres, e no Campionato Galego de Natación de Verán, fíxose co 3º posto en 4 x 100 estilos, e nos 4 x 200 libres.
Acto recepción Natalia Castro
Volver
El tiempo
Perfil del contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Playas
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de naturaleza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Página con Documentación sobre Bueu
Síguenos en Twitter
Síguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029