Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Colectivos y Clubes
Volver
O CONCELLO DE BUEU ENTREGOU ESTE VENRES OS COMPOSTEIROS INDIVIDUAIS
[Medio Ambiente]
[Del Viernes, 04 de Agosto del 2017 al Viernes, 04 de Agosto del 2017]
Entrega composteiros individuais
Entrega composteiros individuais
Os composteiros foron facilitados por SOGAMA no marco dun convenio co Concello de Bueu
O Concello de Bueu entregou este venres ao mediodía os composteiros individuais doados por SOGAMA no marco dun convenio. No acto de entrega estiveron presentes o alcalde, Félix Juncal, así como os concelleiros Fidel Castro, Martín Villanueva e Inmaculada Rodríguez. O rexedor salientou que “é moi importante que comecemos a reducir os residuos, xa que só así se logrará unha adecuada xestión do lixo”.
Con estes composteiros, os usuarios e usuarias participarán no programa de compostaxe doméstica, que será levado a cabo pola Asociación Amigos da Terra e que ensinará á veciñanza como levar a cabo o proceso de forma adecuada, así como a unha inspección do mesmo. Esta iniciativa forma parte dunha campaña posta en marcha pola Mancomunidade de Concellos de Morrazo. Así mesmo, faise un chamamento para que todas as persoas interesadas en obter un contacten co Concello no teléfono 986390029 ou no correo comunicacion@concellodebueu.org.
Por outra banda, no municipio están funcionando actualmente dous composteiros comunitarios postos en marcha pola Deputación de Pontevedra.
Entrega composteiros individuais
Volver
El tiempo
Perfil del contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Playas
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de naturaleza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Página con Documentación sobre Bueu
Síguenos en Twitter
Síguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029