Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Colectivos y Clubes
Volver
AS SERIES DE HITCHCOCK CENTRARÁN OS RELATORIOS DA DÉCIMA EDICIÓN DO FICBUEU
[Cultura]
[Del Lunes, 07 de Agosto del 2017 al Lunes, 07 de Agosto del 2017]
Castro de Paz nunha das charlas do pasado ano
Castro de Paz nunha das charlas do pasado ano
Destacados especialistas abordarán tamén a coprodución entre Galicia e Portugal e mais o patrimonio audiovisual recuperado
O fenómeno das series televisivas, o filme ‘Vértigo’ de Alfred Hitchcock, a coprodución entre Galicia e Portugal e o primeiro noticiario da produtora pontevedresa Folk centrarán os relatorios programados no marco do FICBUEU 2017. Destacados especialistas achegaranse en setembro ata a vila para conversar con profesionais e co público xeral sobre estas temáticas, complementando así o programa de proxeccións.
Xa no marco da xornada inaugural, que se desenvolverá o sábado 9 a partir das 11 horas cun concerto de bandas sonoras a cargo da Banda de Música Artística, o profesor José Luis Castro de Paz fará a presentación do ‘Noticiario Folk nº 1’, peza recentemente restaurada que achega a Galicia de 1932 a través de breves reportaxes sobre cultura, deporte, pesca, etc. Coa proxección e o relatorio “O cine republicano en Galicia: Ramón Barreiro e o noticiario Folk” ponse en valor o patrimonio audiovisual e a figura dun dos creadores da produtora de carácter republicano, que durante tres anos plasmou en celuloide as transformacións do país.
O domingo día 10, tamén no Centro Social do Mar, terá lugar ás 19 horas o visionado de ‘Vértigo’, filme de referencia na historia do cinema que posteriormente será analizada polo mesmo Castro de Paz. O experto na obra de Hitchcock introduciranos na complexa intriga psicolóxica do mestre do suspense, chea de simbolismos e lecturas múltiples.
As conferencias continuarán na seguinte fin de semana con “Vivindo en serie. A ficción televisiva no mundo en que vivimos”, charla que se desenvolverá o 16 de setembro ás 12 horas no Museo Massó. A profesora Concepción Cascajosa abordará a capacidade para reflectir os tempos actuais que ten este produto cultural en auxe, que acadou un nivel de produción, interpretación e complexidade nas súas historias imposible de imaxinar hai un par de décadas.
Na mesma xornada, ás 18 horas e no mesmo espazo, impartirase a masterclass “Galicia e Portugal, producir cinema entre os dous lados da fronteira”, a cargo do recoñecido realizador e produtor portugués António Costa. O tamén director do Festival de Cinema de Avanca e membro do xurado internacional do FICBUEU 2017, exporá as motivacións e posibilidades para levar a cabo producións conxuntas, ao tempo que dará a coñecer os desafíos que poden proporcionar unha maior e mellor colaboración.
ENLACES
Volver
El tiempo
Perfil del contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Playas
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de naturaleza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Página con Documentación sobre Bueu
Síguenos en Twitter
Síguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029