Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Colectivos y Clubes
Volver
O V TRIANGULAR DE FÚTBOL DO MORRAZO RECADARÁ AXUDA PARA A ASOCIACIÓN PÁRKINSON DE PONTEVEDRA
[Deportes]
[Del Miercoles, 09 de Agosto del 2017 al Miercoles, 09 de Agosto del 2017]
Presentación V Triangular de Fútbol do Morrazo
Presentación V Triangular de Fútbol do Morrazo
Os partidos serán esta fin de semana, e a final xógase o domingo a partir das 18.00 horas no Campo de Fútbol de Laxes (Beluso, Bueu)
A Mancomunidade do Morrazo organiza esta fin de semana o V Triangular de Fútbol do Morrazo, no que se disputarán diversos partidos entre os equipos dos tres concellos e cuxa final terá lugar no Campo de Fútbol de Laxes, en Beluso (Bueu). Así o salientaron os organizadores na rolda de prensa celebrada esta mañá no salón de plenos da Casa Consistorial de Bueu.
Félix Juncal, alcalde de Bueu, agradeceu aos representantes dos clubs, tamén presentes no acto, a colaboración con este evento e animou a toda a cidadanía a gozar dos diversos partidos, que teñen como fin recadar axuda para a Asociación Párkinson da provincia de Pontevedra. “Cada ano contribuímos dende a Mancomunidade para que este traballo social teña unha aportación a maiores”, declarou Juncal. Así mesmo, lembrou que este proxecto parte da colaboración entre os tres concellos morracenses, “unha fórmula que esperamos ampliar a máis ámbitos”.
Os partidos arrancarán o sábado, 12 de agosto, ás 18.00 horas, cando competirán simultaneamente, no Campo de Fútbol de A Graña (Bueu), a CD Beluso, CD Bueu e UC Vilaboa; no Campo de Fútbol de O Morrazo (Cangas) é a quenda do Alondras CF, FC Cruceiro Hío e Rápido Bahía CF; e no Campo de Fútbol de O Casal (Moaña), compiten Domaio CF, CD Moaña e S CD San Adrián. Cada partido durará 45 minutos e terá unha quenda de penaltis.
A final terá lugar o domingo ás 18 horas no Campo de Fútbol As Laxes de Beluso, onde xogarán os gañadores de Bueu, Cangas e Moaña.
A entrada custa 5.00 € para cada un dos partidos, aínda que será de balde para os menores de 18 anos. Os gañadores e finalistas serán agasallados cuns trofeos confeccionados pola Asociación Juan XXIII de Cangas, que representan a ánfora de Bueu.
No acto de hoxe tamén estiveron presentes Marcos Torres, da Fundación Cangas Deporte (desculpouse a ausencia do concelleiro Xoán Chillón), Ángel Otero, do Domaio CF, José Fernández, do UC Vilaboa, Sito Fernández, do Alondras CF, Eloy Torres, da CD Beluso e Rosa Sánchez, da CD Bueu.
Cartel V Triangular
Volver
El tiempo
Perfil del contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Playas
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de naturaleza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Página con Documentación sobre Bueu
Síguenos en Twitter
Síguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029