Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Colectivos y Clubes
Volver
APROPARK RECIBIU A RECADACIÓN SOLIDARIA DO V TRIANGULAR DE FÚTBOL DO MORRAZO
[Deportes]
[Del Miercoles, 13 de Septiembre del 2017 al Miercoles, 13 de Septiembre del 2017]
Acto de entrega recadación V Triangular de Fútbol Morrazo
Acto de entrega recadación V Triangular de Fútbol Morrazo
O torneo, organizado pola Mancomunidade do Morrazo, achegou á Asociación un total de 1980,84 €
O salón de plenos do Concello de Bueu acolleu hoxe o acto de entrega da recadación dos fondos recollidos durante o 12 e o 13 de agosto no V Triangular de Fútbol do Morrazo, organizado pola Mancomunidade en colaboración cos clubs da comarca. Como cada ano, todo o recadado coa venda de entradas dóase a unha asociación, sendo desta vez a Asociación Párkinson Pontevedra (Apropark).
En total doáronse 1980,84 €, recadados da seguinte forma: Alondras C.F., anfitrión do torneo de Cangas, recadou 463,74 €; Moaña CF, anfitrión do torneo de Moaña, fíxose con 435 €; CD Bueu, anfitrión do torneo de Bueu, fíxose con 460 €; e CD Beluso, con 622,10 €.
Manolo Otero, concelleiro de deportes de Bueu, quixo agradecer a colaboración desinteresada de todos os clubs da comarca e de Vilaboa, que se involucran ano a ano neste torneo solidario. O acto tamén contou coa representación de Félix Juncal, alcalde de Bueu, Leticia Santos, alcaldesa de Moaña, e dos representantes dos clubes e de Apropark.
Acto de entrega recadación V Triangular de Fútbol Morrazo
Volver
El tiempo
Perfil del contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Playas
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de naturaleza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Página con Documentación sobre Bueu
Síguenos en Twitter
Síguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029