Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Colectivos y Clubes
Volver
O CONCELLO DÁ A COÑECER OS GAÑADORES/AS DO XV CONCURSO DE CARTEIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
[Igualdad]
[Del Martes, 07 de Noviembre del 2017 al Martes, 07 de Noviembre del 2017]
Xurado do XV Concurso de Carteis contra a violencia de xénero
Xurado do XV Concurso de Carteis contra a violencia de xénero
Os premios serán entregados na gala do 24 de novembro no Centro Social do Mar // En total presentáronse 266 carteis de entre os cenrtos de primaria e educación secundaria
O Concello de Bueu, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) xa elixiu aos gañadores/as do XV Concurso de Carteis contra a violencia de xénero, que se convoca todos os anos e que está dirixido aos centros educativos de primaria, ESO e Bacharelato. O xurado, conformado por Marc Taeguer, deseñador gráfico e ilustrador, Ramón Torrente García, psicopedagogo e Axente de Igualdade de Oportunidades, Ana Isabel Otero Pastoriza, concelleira de igualdade, Mª Josefa Mosteiro García, profesora de Ciencias de Educación na USC e axente de igualdade, e Montserrat González, directora do CIM, reuniuse este martes para deliberar e destacou o número de traballos presentados, un total de 266 carteis, dos que se seleccionaron os seguintes gañadores/as:

PRIMEIRO PREMIO DE PRIMARIA: XIANA DIOS GARCÍA, de 5º de primaria do CEIP A Torre (Cela).

PRIMEIRO PREMIO DA ESO: LAURA MARTÍNEZ PAZOS ,de 4º da ESO do CPR Virxe Milagrosa
Este é o cartel elixido como deseño publicitario da campaña local do 25N.
PRIMEIRO PREMIO DA ESO: CLAUDIA FIEL FERRADÁS, de 1º DA ESO do CPR Virxe Milagrosa

MENCIÓNS ESPECIAIS:
1.Miguel Barreiro Vilas, de 5º de educación primaria do CEIP Montemogos (Beluso)..
2.Eloy Alfaya Portela, de 5º de educación primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra.
3.Anxo Rodríguez Juncal, de 5º de educación primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra.
4.Sabela Cancelas León, de 6º de educación primaria do CEIP Montemogos (Beluso).
5.Noelia Álvarez Santos , de 6º de educación primaria do CPR Virxe Milagrosa.
6.Noa Gómez Cabaleiro, de 6º de educación primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra.
7.Breixo Parada López, de 1º da ESO do IES Illa de Ons.
8.Marina de la Torre Lamosa, de 3º da ESO do CPR Virxe Milagrosa.
9.Marta Pastoriza Freire, de 3º da ESO do CPR Virxe Milagrosa..
10.Daniel Faye García, de 3º da ESO do IES Johan Carballeira.
11.Yago Portela Lamosa, de 3º da ESO do IES Johan Carballeira.
A entrega de premios será o vindeiro 24 de novembro durante os actos institucionais que se celebrarán para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, e que incluirán unha concentración en memoria das vítimas da violencia na Alameda do Concello, cun minuto de silencio como repulsa ante todo tipo de violencia, en especial, á que se exerce sobre as mulleres. A continuación, no Centro Social do Mar, o alumnado do CEIP A Torre de Cela fará unha Declaración conmemorativa e a continuación farase entrega dos premios do XV Concurso de Carteis contra a violencia de xénero.

Traballando na igualdade dende a educación
O obxectivo deste concurso, así como das accións levadas a cabo desde o CIM de Bueu é acadar unha maior sensibilización social entre o alumnado da vila na prevención e eliminación dos comportamentos violentos contra as mulleres. Por iso, e dada a importancia da educación na consecución da igualdade, estanse levando a cabo obradoiros de prevención sobre temas como o ciberacoso, roles e estereotipos, control nas relacións de parella e novas masculinidades, segundo a petición do centro educativo. Outra liña de traballo é a reflexión a través do poemario Dos días escuros, de Mª Carmen Caramés Gorgal, libro sobre a violencia de xénero que foi merecedor do Premio Johán Carballeira de Poesía do Concello de Bueu no 2014.


Os carteis gañadores e as mencións especiais poden verse na páxina de Facebook do Concello de Bueu.
Carteis gañadores
ENLACES
Volver
El tiempo
Perfil del contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Playas
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de naturaleza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Página con Documentación sobre Bueu
Síguenos en Twitter
Síguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029