Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Colectivos y Clubes
Volver
O CONCELLO DE BUEU ORGANIZA UN TALLER GRATUÍTO DE SAÚDE BUCODENTAL NO EMBARAZO
[Deportes]
[Del Miercoles, 08 de Noviembre del 2017 al Domingo, 31 de Diciembre del 2017]
Cartel taller saúde bucodental
Cartel taller saúde bucodental
O taller, totalmente gratuíto, está orientado ás nais embarazadas e aquelas con fillos de ata tres anos de idade // Desenvólvese todos os martes ás 17 horas no colexio de A Pedra durante novembro e decembro
A concellaría de deportes de Bueu arrancou onte un taller de saúde bucodental para mulleres embarazadas. Este taller atópase dentro das clases de matroximnasia, prenatal e psicomotricidade, aínda que está aberto a máis persoas que desexen participar.
O taller, totalmente gratuíto, está orientado ás nais embarazadas e aquelas con fillos de ata tres anos de idade. Desenvólvese todos os martes ás 17 horas no colexio de A Pedra durante novembro e decembro.
As inscricións poden formalizarse na Oficina de Deportes ou a través do teléfono 986324338.

Clases de matroximnasia e prenatal
Dende a concellaría de deportes informan tamén que está aberto o prazo para apuntarse nas clases de ximnasia prenatal e matroximnasia que se imparten dende o Concello. Así, as de ximnasia prenatal teñen lugar os xoves ás 18.00 horas no CEIP A Pedra e as de matroximnasia (nenos/as de 0 a 1 anos), os xoves ás 19.00 horas no Pavillón Municipal Pablo Herbello.
Estas actividades insírense no programa “Bueu Concello Saudable”, posto en marcha no 2008 e co que se pretende fomentar hábitos de saúde e benestar entre a poboación e atendendo a diversos colectivos.
Ademais, ao longo deste curso tamén se están celebrando as clases de ximnasia para maiores e adultos, Pilates e ximnasia para persoas con discapacidade intelectual e mobilidade reducida en diversos espazos municipais, cunha participación de máis de cincocentas persoas en total.
Volver
El tiempo
Perfil del contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Playas
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de naturaleza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Página con Documentación sobre Bueu
Síguenos en Twitter
Síguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029