Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Colectivos y Clubes
Volver
O PLENO DE BUEU APROBA A DECLARACIÓN CONXUNTA CÍES-ILLAS ATLÁNTICAS
[General]
[Del Lunes, 04 de Diciembre del 2017 al Lunes, 04 de Diciembre del 2017]
Pleno 4 de decembro
Pleno 4 de decembro
A moción, presentada polo PP, solicita a declaración de patrimonio da humanidade para as illas que compoñen o Parque Nacional das Illas atlánticas
O pleno de Bueu aprobou este luns a moción de apoio á candidatura conxunta das Illas Cíes e Parque Nacional Illas Atlánticas como Patrimonio da Humanidade. A proposta, que fora presentada polo Partido Popular de Bueu, foi apoiada tamén polo grupo de goberno do BNG (coa abstención da concelleira María José Pérez, e dos voceiros do PSOE e ACB-SON).
Na sesión plenaria informouse tamén da adhesión xeral do Concello de Bueu á contratación centralizada do Estado, mediante un convenio coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), unha plataforma que permitirá contratar as obras, servizos e subministros que oferte, de conformidade aos prezos que se fixen nos correspondentes contratos ou acordos marco que se subscriban entre dita central e as empresas adxudicatarias dos mesmos.
Esta plataforma axudará sobre todo en contratos complexos, de elevados importes, como é o caso do de enerxía, na que ofrecerán asistencia técnica e acordos marco para simplificar certos trámites administrativos e axilizar os procesos.
Así mesmo tamén se deu conta do nomeamento da concelleira María Teresa López González como membro da Xunta de Goberno Local e terceira tenente alcalde. A nacionalista encárgase actualmente das concellarías de educación e sanidade.
Volver
El tiempo
Perfil del contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Playas
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de naturaleza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Página con Documentación sobre Bueu
Síguenos en Twitter
Síguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029