Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Patrimonio
Interior da igrexa de San Martiño
Interior da igrexa de San Martiño
A historia de Bueu agóchase nas pedras das suas igrexas, das súas ermidas, dos seus cruceiros, dos seus pazos e incluso nas dos seus muiños... E alí repousa no seu eterno letargo, silenciosa, como gardando os miles de segredos de navegantes, de piratas, de abades, de muiñeiros, de namorados. Desde o románico espectacular da igrexa de Santa María de Cela ata a particular visión do mundo que quixo deixar plasmada Urbano Lugrís na capela de Santos Reis pasando pola maxestuosa igrexa de San Martiño de Bueu que vixía como con receo o peirao agardando inqueda a chegada dos piratas dos que chegaban novas da veciña Cangas ou agardando a chegada dos seus mariñeiros. Na capela de San Amedio ainda, cando o nordés bate no inverno, seméllase escoitar aquela fermosa cantiga medieval...

Amigo, se mi gran ben queredes,

id'a San Mamed'e veer-m'-edes:

hoje non mi mençades, amigo.

Pois mi aquí ren non podedes dizer,

id'u hajades comigo lezer:

hoje non mi mençades, amigo.

Serei vosqu'en San Mamede do Mar,

na ermida, se mi o Deus aguisar:

hoje non mi mençades, amigo.


Pazo de Ouril
Pazo de Ouril
Ou os muiños, que tratan de avanzar nos ríos Bispo e Frade subindo inesgotables a ladeira tratando de chegar a Meiro, onde lle espera unha prácida devesa sementada con millo corvo. Muiños onde antigamente os veciños se reunían, onde a mocidade se namoraba, onde o millo transformábase en tradicións que, a dia de hoxe, todavía perduran e semellan rexurdir.

Camiñando polas vereas da vila, á noitiña, aínda se pode sentir a inquedanza das xentes, un sentimento que cesa ó sentirse ó abrigo dos cruceiros. Estes fican quedos, vixiantes agardando a chegada dunha Santa Compaña da que ninguén sabe nada, ou da que ninguén quere falar....

O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029