Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Saúda do Alcalde
Félix Juncal, Alcalde de Bueu
Félix Juncal, Alcalde de Bueu
www.concellodebueu.org quere ser unha ventá sobre a nosa fermosa vila, sobre as súas praias e os seus montes, sobre as súas xentes, a súa gastronomía e o seu patrimonio artístico e cultural; dende esta privilexiada atalaia virtual o visitante poderá contemplar a illa de Ons, atender a historia do bote polbeiro, visitar o Museo Massó ou achegarse á única obra arquitectónica de Urbano Lugrís existente no mundo, pero tamén poderá facer outras cousas.

A páxina oficial do Concello de Bueu non é un mero escaparate. En consonancia co avance dos tempos ten unha profunda vocación de ferramenta ao servizo do público que debe servir a veciños e veciñas para obter información municipal, realizar xestións, consultas, reclamacións, etc.

En calquera caso, xa sexa como instrumento de lecer ou coma canle de relación co Concello, estou convencido de que con esta páxina contribuímos a profundar un pouco máis no esencial e democrático achegamento entre a administración e a cidadanía, obxectivo que por si mesmo nos obriga sobradamente a esforzarnos por actualizala, completala e mellorala día a día, poñendo na construcción deste Bueu virtual se cabe tanto empeño como no de verdade.


O Alcalde,
Félix Juncal Novas
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029