Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
COMPLEMENTO PARA TITULARES DE PNC QUE RESIDAN NUNHA VIVENDA ALUGADA
[Benestar Social]
[Luns, 06 de Agosto do 2012]
Establecer un complemento de pensión dirixido a persoas beneficiarias de pensións non contributivas de xubilación e invalidez que carezan de vivenda en propiedade e residan de forma habitual nunha vivenda alugada como titular do contrato.
Obxecto:

Establecer un complemento de pensión dirixido a persoas beneficiarias de pensións non contributivas de xubilación e invalidez que carezan de vivenda en propiedade e residan de forma habitual nunha vivenda alugada como titular do contrato, sempre que o propietario daquela non teña relación de parentesco co/coa pensionista ata o terceiro grao.

Requisitos:

- Ter recoñecida unha PNC de xubilación ou invalidez na data da solicitude e na de resolución.
- Carecer de vivenda en propiedade.
- Ser titular do contrato de arrendamento da vivenda na data da solicitude.
- Non ter relación de parentesco ata o 3º grao co arrendador da vivenda alugada.
- Ter fixada a súa residencia habitual na vivenda alugada.

Se na mesma vivenda alugada conviven dúas ou máis persoas que tiveran recoñecida a PNC, so terá dereito a este complemento aquel/aquela que sexa titular do contrato de arrendamento ou, de ser varios, o primeiro deles.

Enténdese que a vivenda é domicilio habitual cando a vixencia do arrendamento non sexa inferior a un ano e teña residido na mesma durante un período mínimo de 180 días inmediatamente anteriores á data da solicitude.

Contía:

A contía do complemento para o ano 2012 é de 525 euros anuais, que se fará efectivo nun pagamento único.
LUGAR
Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Bueu
PLAZO
Ata o 31 de decembro de 2012
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029