Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Convocatorias de Axudas - Benestar Social
Voltar
Bolsas para o alumnado que curse estudos universitarios con dificultades económicas
[Benestar Social]
[Venres, 23 de Abril do 2010]
Trátase de axudar económicamente ao alumnado que curse estudos universitarios cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas que lles impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos.
Obxecto:

Axudar económicamente ao alumnado que curse estudos universitarios conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas que lles impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos.

Requisitos:

- Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida ou imprevista (orfandade absoluta, falecemento pai/nai/titor legal,desemprego sustentador principal, enfermidade grave, violencia de xénero cara a el/ela ou o seu proxenitor/a, vítimas de actos terroristas, separación, divorcio, ruína ou quebra familiar e outras circunstancias non previstas que, sendo xustificadas, repercutan na situación socioeconómica familiar).
- Que a situación sobrevida ou imprevista teña acontecido durante o ano 2010.
- Estar matriculado, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios presenciais conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico en calquera das universidades do sistema universitario de Galicia.
- Ter fixada a súa residencia familiar en Galicia cun mínimo de tres anos consecutivos e anteriores á data de publicación desta convocatoria.
- Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual para o ano 2010, é dicir, 4.755,80 (396,31 euros mensuais, incluída nesta contía a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias).
- Non ter percibido esta axuda con anterioridade.


LUGAR
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
PLAZO
Ata o 30 de outubro de 2010.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029