Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Convocatorias de Axudas - Benestar Social
Voltar
Axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e a accesibilidade
[Benestar Social]
[Martes, 01 de Marzo do 2011]
Aberto o prazo de solicitude de axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e a accesibilidade
Concesión de axudas individuais, de caracter non periódico, persoas en situación de dependencia empadroadas en Galicia, co fin de colaborar en determinados gastos realizados no ano 2011, con efectos do 1 de xaneiro, destinados a:

• Axudas técnicas ou produtos de apoio para o normal desenvolvemento da vida diaria.
• Adaptacións funcionais do fogar e eliminación de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda.
• Adquisición de próteses dentais e audífonos.

Persoas beneficiarias:

Persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia nos seguintes graos e niveis:
- Grao III, niveis 1 e 2.
- Grao II, nivel 1 e 2.

Persoas que teñan solicitado o recoñecemento da situación de dependencia con anterioridade á data de publicación desta orde, sempre que lles sexa recoñecida en calquera dos graos e niveis anteriores.

Para máis información acudir ao departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Bueu ou chamando ao 986 390 029, extesión 8.
PLAZO
Ata o 28 de abril de 2011
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029