Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Convocatorias de Axudas - Benestar Social
Voltar
Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos
[Benestar Social]
[Xoves, 16 de Febreiro do 2012]
Aberto o prazo para solicitar a axuda de pagamento único de 360 € por cada fillo/a menor que a persoa solicitante teña ao seu cargo
Persoas beneficiarias:

• Persoas que teñan ao seu cargo fillos menores de 3 anos na data de 1 de xaneiro de 2011 (nacidos entre o 2-1-2009 e o 1-1-2012, incluídos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2010 nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do IRPF.
No caso de fillos/as adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2010 e o 31 de decembro de 2011, a prestación poderase conceder durante os tres anos posteriores á data da inscrición no Rexistro Civil ou, cando esta non sexa necesaria, a partir da data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.
• Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio, o pai/nai que teña a custodia dos fillos, de acordo co establecido no convenio regulador ou senteza de separación ou divorcio.
• Os estranxeiros que residan en Galicia, sempre que cumpran as condicións da Lei Orgánica 4/2000 de 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (BOE número 10, do 12/01/2000) e os requisitos establecidos na presente norma e tiveran a condición de contribuíntes para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto da renda das persoas físicas.
Quedan excluídos os proxenitores privados da patria potestade dos seus fillos ou aqueles que teñan fillos e fillas cuxa tutela ou garda fora asumida por unha institución pública.

Requisitos:

• Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual na Comunidade Autónoma galega.
• Que na data da solicitude os nenos convivan coa persoa solicitante.
• Que por razón dos ingresos obtidos durante o 2010, nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración do IRPF correspondente a ese período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.

Documentación:

- Solicitude e anexos
- Fotocopia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada un dos fillos/as menores de 3 anos.
- Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.
- Copia da sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.
- Nos supostos de adopción ou acollemento, copia da resolución xudicial ou administrativa que a declare.
- Fotocopia da folla da cartilla de aforros na que figure o nº de conta ou, no seu defecto, certificación bancaria que indique expresamente que a persoa solicitante é titular da conta á que se refire.
- Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas por este mesmo concepto por calquera administración pública (anexo II).
- Declaración de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.
- Autorización do cónxuxe ou parella para obter da AEAT e da Consellería de Facenda os seus datos de carácter tributario.(anexo IV)

Se a persoa solicitante recibira a prestación familiar por fillo menor a cargo no ano 2011 e non ten solicitadas nin concedidas outras axudas por este mesmo concepto, só terá que presentar a solicitude, sempre e cando non se modificaran as circunstancias persoais, xurídicas e económicas determinantes do dereito á prestación.

As solicitudes que se presenten eliminando delas algún do proxenitores que figuraba o ano anterior, deberán estar acompañadas da xustificación documental:

• En caso de separación, copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, de ser o caso.
• No caso de parellas de feito, certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.
• En caso de falecemento, certificado de defunción ou copia da folla do libro de familia onde figure esta circunstancia.
PLAZO
Ata o 26 de marzo de 2012.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029