Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Subvencións - Deportes
Voltar
SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS DO CONCELLO DE BUEU
[Deportes]
[Venres, 29 de Xaneiro do 2016]
As entidades deportivas sen ánimo de lucro que realizasen actividades deportivas de interese para o municipio, poderán solicitar xa as subvencións convocadas polo Concello de Bueu, e das que se abrangue o prazo desde o 29 de xaneiro ao 12 de febreiro.
As bases establecen que poderán ser subvencionables aqueles programas ou actividades deportivos que se desenvolvan entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 31 de decembro do 2015, e as axudas que se concedan non poderán superar e ningún caso o importe de 5.500 euros.
Hai que ter en conta que as asociacións deberán, polo menos, ter solicitado no momento do remate do prazo a inscrición no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello.
Os criterios que se van ter en conta son: a antigüidade do club, o número de equipos e categorías a que pertencen, o número de deportistas e equipos femininos, o número de socios, o número de técnicos cualificados, os resultados acadados na última tempada, a organización e execución de actividades alternativas, e o interese xeral da actividade para o concello.

Nos arquivos de abaixo poderedes descargar a convocatoria coas bases, ademais dos anexos coas solicitudes a cumplimentar.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029