Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Voltar
ABERTO O PRAZO DO CONCURSO DE DESEÑO DE CARTEL CORPUS CHRISTI 2016
[Cultura]
[Martes, 02 de Febreiro do 2016]
O prazo de presentación de obras está aberto desde o 2 de febreiro ao 2 de marzo, e pódese facer de forma presencial, por correo postal ou por correo electrónico // Haberá un único premio de 300 euros
A Asociación Cultural das Alfombras do Corpus de Bueu convoca o segundo concurso para elixir o Cartel para a Festividade do Corpus Christi de Bueu deste ano, cuxo prazo de presentación se estende desde hoxe ata o 2 de marzo. O deseño dos carteis terá que ter en conta o tema do Corpus, con especial énfase nas alfombras florais, para cuxa realización se pode empregar calquera técnica, como a pintura, a ilustración, a fotografía… con tal de que sexa apta para a súa reprodución.
Nesta edición, con respecto á do ano pasado, cóntase coa novidade de que as obras se poderán enviar por correo electrónico, ademais de persoalmente ou por correo postal.
Haberá un único premio cun importe de 300 euros, que se dará a coñecer o 18 de marzo, e para o que o xurado valorará aspectos como a facilidade de identificación da proposta, o deseño innovador e creativo, a calidade técnica e artística, o impacto visual, e a adaptabilidade a calquera soporte de difusión.

As bases e o boletín de inscrición poden descargarse nos arquivos adxuntos.
ENLACES
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029