Inicio
Web Oficial do Concello de Bueu
Inicio
Galego
Español
Convocatorias de Axudas - Benestar Social
Voltar
Decreto polo que se establece o complemento extraordinario de pensións
[Benestar Social]
Un ano máis, preto de 50.000 galegos e galegas beneficiaranse antes do próximo mes de xaneiro dunha paga extraordinaria de 200 euros.
A paga será a favor de pensionistas de xubilación e invalidez, na súa modalidade non contributiva; de persoas anciáns e enfermas incapacitadas para o traballo beneficiarias de axudas periódicas individualizadas e das persoas que presentan una minusvalía beneficiarias do Subsidio de Garantía de Ingresos Mínimos.

Para optar a estas axudas non é necesario que os/as beneficiarios/as presenten ningún tipo de solicitude nin facer ningún trámite adicional, xa que directamente percibirán o
complemento extraordinario os que xa estean cobrando as pensións mencionadas.

Os que perciban estas axudas deberán cumprir dous requisitos: estar en situación de
alta en nómina, é dicir ser xa pensionista na data de entrada en vigor do decreto (ao
día seguinte da súa publicación no DOG) e ter a residencia habitual en Galicia.

Deste xeito, o pagamento realizarase de oficio a todas as persoas beneficiarias que reúnan estes requisitos, para o que se recorrerá á información contida na base de datos da Xunta de Galicia.

O pagamento efectivo farase a través dunha transferencia bancaria na conta corrente
onde as persoas beneficiarias teñan domiciliado o recibo ordinario da súa prestación.
Voltar
O tempo
Perfil do contratante
Sede Electrónica
Patrimonio en Bueu
Eventos en Bueu
Praias
Plan Xeral de Ordenación Municipal
Aula de natureza Cabo Udra
Museo Masso
Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Patrimonio Hermelo
Fundación Novas
Páxina con Documentación sobre Bueu
Séguenos en Twitter
Séguenos en Facebook
GDR
© Concello de Bueu 2012. Concello de Bueu – Eduardo Vincenti, 8 – 36930 Bueu (Pontevedra). Telf. 986 390 029